Ximena Cheda asegura que para Podemos “é urxente reverter os recortes do PP" na provincia

LugoXa
Este xoves a cabeza de lista por Lugo de Podemos Galicia, Ximena Cheda, xunto ao número 2 da candidatura, Fernando Otero, mantiveron un encontro con Manuel Quiñoá, secretario xeral da Unión Comarcal de CCOO de Lugo, co obxectivo de poñer en común as problemáticas e as propostas de relativas á comarca de Lugo e á provincia en xeral.
encontro_ccoo_podemos_galicia_lugo
15 Feb 2024

Este xoves a cabeza de lista por Lugo de Podemos Galicia, Ximena Cheda, xunto ao número 2 da candidatura, Fernando Otero, mantiveron un encontro con Manuel Quiñoá, secretario xeral da Unión Comarcal de CCOO de Lugo, co obxectivo de poñer en común as problemáticas e as propostas de relativas á comarca de Lugo e á provincia en xeral.

Desde o sindicato trasladouse a súa preocupación pola situación das infraestruturas, cun evidente déficit das mesmas na nosa provincia que dificultan a vertebración e o desenvolvemento económico e industrial no territorio. Así mesmo, é preocupante, según sinala Manuel Quiñoá “a situación da educación en xeral na provincia, no relativo aos recortes e a precariedade do persoal”. Situación similar é a de a atención no fogar, con servizos externalizados que fomentan a precariedade laboral e un servizo insuficiente.

No relativo ás residencias de maiores, desde o sindicato reclaman maiores recursos por parte da Xunta de Galicia, no relativo á dotación de novos centros públicos por comarcas, que dean resposta á alta demanda polo envellecemento da poboación da provincia. Ximena Cheda, sinalou “a sintonía coas demandas e as problemáticas recibidas desde CCOO, e destacou que Podemos Galicia non dará nin un paso atrás na defensa dos servizos públicos, como a educación, a dependencia, a sanidade ou a dotación de infraestruturas”. Para Podemos Galicia, é urxente “reverter os recortes do PP na nosa provincia, que supoñen un deterioro xeral nos servizos públicos e que impiden o avance económico e social que faga que a provincia non perda poboación por falta de oportunidades”.

0.20917892456055