Ximena lidera a lista de candidatos de Podemos Lugo xunto a Sumar Galicia

LugoXa
O BOE recolle hoxe as candidaturas rexistradas para as eleccións xerais do 23 de xullo, e tal como recolle o acordo con Sumar Galicia.
IONE BELARRA E XIMENA CHEDA ENCONTRO PORTADA
21 Xuño 2023

O BOE recolle hoxer as candidaturas rexistradas para as eleccións xerais do 23 de xullo, e tal como recolle o acordo de coalición, Podemos en Galicia concurre coa candidatura de Sumar Galicia.

Varias candidatas e candidatos que pertencen ao Círculo de Podemos Lugo formarán parte das listas ao Congreso e ó Senado, o que supón unha presenza relevante desta agrupación de Lugo nas candidaturas de Sumar Galicia.

"Dende o noso ámbito municipal e do que representa Podemos Galicia, vamos a traballar para ocupar un papel importante no ciclo político que se abre, e nestas eleccións xerais para dende SUMAR seguir cambiando a historia política desde país e sendo a forza transformadora que mellore a vida da xente, da man de Yolanda Díaz como a próxima presidenta do Goberno", din desde a organización.

Os candidatos e candidatas que figuran nas candidaturas de Sumar na circunscripción de Lugo están encabezadas por Ximena Cheda Tuya, número dous da candidatura ao Congreso, que encabeza José Antonio Rodríguez Añon. Traballa nun negocio local como autónoma, actual voceira de Podemos Lugo, e tamén forma parte da executiva de Podemos Galicia.

Tamén estarán Carla Varela Porto, número 3 da candidatura ao Congreso. Estudante de Ciencias Políticas e enlace de feminismos da organización da xuventude de Podemos Rebeldía.

Fernando Otero Bello encabeza a lista ao Senado. Responsable provincial de Lugo de Podemos Galicia.  Tamén están María Ángeles Gayoso Fraga, número dous da lista ao Senado, que é traballadora no servizo de Axuda no Fogar.

Pecha a lista Xosé Méndez Torres, número 3 da candidatura ó Senado. Con traxectoria no activismo social e sindical.

ximena cheda podemos sumar
0.1626660823822