Xisco Feijóo estará este sábado en concerto na casa museo de Manuel María

LugoXa | TerraChaXa
Invita aos asistentes a sumarse á actuación levando instrumentos de percusión da casa
xico-feijoo-en-concerto
20 Nov 2024

Xisco Feijoó estará este sábado, 23 de novembro, ás 20 horas, na Casa-Museo Manuel María, en Outeiro de Rei, co seu espectáculo en solitario Traede ferrallada. Trátase dun concerto onde Xisco Feijoo fará un percorrido pola música tradicional de distintas comarcas de Galicia.

O concerto está dirixido a que o público asistente participe dalgúns dos seus temas. Así o intérprete solicita que, quen tiver, traia a pandeireta, pandeiro, pandeira ou calquera ferrallada da súa casa para poder acompañalo durante o evento.

Para asistir ao concerto é necesario facer reserva (billete 5 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621.

Xisco Feijoó é cantante, percusionista tradicional, bailador e coreógrafo, foi mestre do Escola Municipal Tradicional e Folk de Vigo e coordinador de canto da Orquestra Folk de Galiza SonDeSeu. Despois de máis de trinta anos na recuperación etnográfico e de colaborar en máis de vinte discos e espectáculos de artistas como Mercedes Peón, Xosé Manuel Budiño, Carlos Núñez, Kepa Junquera, Berrogüetto, Rodrigo Romaní, Pepe Vaamonde..., en 2021 lanzou o seu propio traballo, Peixe, que xirou até o ano pasado.

0.20059514045715