Xoan Curiel, No Reply e Joan Miquel Oliver son as tres novas confirmacións para o San Froilán
Tres novos concertos únense ao programa do San Froilán 2022, Xoan Curiel, No Reply e Joan Miquel Oliver ubicaranse na praza de Santa María os días 10, 11 e 12 de outubro respectivamente.
Xoan Curiel actuará o 10 de outubro ás 21h na raza Santa María. Natural da Fonsagrada, é un artista que destaca pola súa creatividade e prolífica obra dentro do panorama musical galego. Cantante, compositor, músico, actor e director, desenvolve a súa carreira en Santiago de Compostela dende hai vinte anos. Curiel experimenta disco tras disco con novas sonoridades, core se ritmos. Como artista independente ten por bandeira a liberdade creativa e a evolución constante na artesanía do seu labor. Agora ven a Lugo a presentar Treides Comigo!, un traballo de madurez creado a partir de cantigas medievais de trobadores galegos.
A actuación de No Reply será o 11 de outubro ás 23 na praza de Santa Maria. No Reply comeza a súa andaina no ano 2002. A súa carta de presentación son os ritmos máis bailables que deixou a música negra na súa mellor época. Dende o swing ate o ska, pasando polo reggae ou o dixieland, a banda basa os seus concertos nunha festa de estilos sazonada de elegancia musical nos que ninguén pode deixar de bailar. Teñen un estilo de música divertido e desenfadado, pero ao mesmo tempo traballado, elegante e acompañado dun espectáculo visual moi coidado. Ao longo da súa carreira, a banda madrileña recibiu numerosos premios, e tocou nas millores salas e festivais do estado, compartindo escenario con bandas de renome internacional.
Este ano 2022, No Reply edita un novo traballo, El Invierno Más largo, o seu traballo máis ambicioso. Máis que un disco é unha declaración de intencións; o disco está composto por catro temas propios versións cancións míticas de pop e do rock en fala hispana, levadas á súa linguaxe de swing e big band. Os autores Andres Calamaro, Extremoduro, Platero y Tú, Vetusta Morla, Ivan y Amaro Ferrreiro, Love of Lesbian, Morgan, Fito Páez, Muchachito, Ariel Rot e Quique González son os escollidos pola banda para esnaquizar as súas cancións e levalas ao seu mundo de swing salvaxe. Todo isto é que nos van ofrecer no seu concerto en Lugo.
O 12 de octubro ás 21, tamén na praza de Santa Maria, terá lugar a actuación de Joan Miquel Oliver. Joan é un guitarrista, cantante e escritor mallorquín. Comezou a sua carreira musical como integrante dos grupos de rock català “Fora des Sembrat” e “La Fosca”. Posteriormente inaugurou a súa labor de compositor, letrista e guitarrista do grupo de pop mallorquín Antònia Font, banda ínclita e inigualable, desde a que se estableceu como unha das figuras prominentes do panorama da illa e do estado. Antònia Font conseguiu unha cousa impensable e case sen precedentes: que os “forasteiros” escoitaran música cantada en catalá.
Dende a disolución de Antònia Font no 2013, o prolífico creador adicouse ao seu proxecto en solitario; cos seus discos, unha novela, un poemario e obras de teatro, construiu unha carreira persoal sólida. As cancións de Oliver por Antònia Font xa marcaran un punto de inflexión remarcable na crónica da música en catalá de principios de século, agora afírmase en primerísima persoa.