Xoán Rosa logra a medalla de ouro en Kata Infantil S.R.K30 na Liga Nacional celebrada en Logroño

LugoXa
A Escola Deportiva Shihan competiu con sete deportistas nun campionato que reuniu preto de 1.200 participantes
Xoán-Rosa-Escola-Deportiva-Shihan
23 Feb 2026

Sete deportistas da Escola Deportiva Shihan desprazáronse esta fin de semana ata Logroño para participar nunha nova xornada da Liga Nacional, unha cita que congregou arredor de 1.200 competidores desde categoría benxamín ata xuvenil.

O equipo estivo acompañado por dous dos seus adestradores e técnicos nacionais do club, Christian Veiga e María Martin, que dirixiron ao alumnado nun campionato de elevado nivel competitivo.

O resultado máis salientable foi a medalla de ouro acadada por Xoan Rosa na modalidade de Kata Infantil Silla de Rodas K30. Ademais, Valeria Rubal conseguiu a sexta posición en Kata Benxamín, mentres que Ángela Buide asinou un noveno posto en Kata Xuvenil e un sétimo en Kumite Xuvenil -42 kg.

Desde o club amosaron a súa satisfacción polo rendemento global do equipo, no que tamén participaron Carmen Cendán, Iria Enríquez, Adrián Liz e Daniel Aldeanueva, completando unha actuación destacada nesta competición de ámbito estatal.

0.083392858505249