Xoán Rubia presentará a súa obra 'Pasaba por alí, e quedei un intre' este xoves 17

LugoXa
Este jueves 17 de marzo Xoán Rubia presentará su libro "Pasaba por alí, e quedei un intre" en O Vello Cárcere de Lugo.
xoan rubia presentacion
16 Mar 2022

O próximo xoves, 17, ás 20.00 horas, no Vello Cárcere, vaise presentar o libro "Pasaba por alí, e quedei un intre", de Xoán Rubia, editado por Galaxia, resumo vital de máis de medio século de vivir a música deste histórico da canción galega.

Neste libro repásase unha vida dedicada a poñer voz, en lingua galega, a temas que todos coñecemos e temos cantado algunha vez. Unha pintura, tamén, dunha época apaixonante no noso país. “A historia de alguén que pasaba por aquí e decidiu, para a nosa sorte, quedar”.

XOÁN RUBIA
Naceu en Mugardos e comezou os seus estudos de música na súa vila natal. En 1968, en Santiago de Compostela, entra en contacto co movemento da Nova Canción Galega, representado daquela polo colectivo Voces Ceibes. Gravou os seus primeiros traballos discográficos en 1969 coa compañía Edigsa, en Barcelona, logo con Philips e, máis tarde, con Zafiro-Novola. Dende a fundación do Diario de Ferrol colabora semanalmente con artigos de opinión, ademais de con Galicia Digital e outras publicacións.

Na presentación intervirán o autor, o escritor Xavier Alcalá, o músico Baldomero Iglesias Dobarrio-Mero, e Xulio Xiz.

0.17588901519775