“Xogade coas motos” chega a Monterroso o 8 de novembro

LugoXa
A iniciativa, dirixida a nenos e nenas de 6 a 15 anos, combina a aprendizaxe coa diversión a través da práctica segura do motociclismo
Xogade-coas-motos
18 Oct 2025

O programa deportivo e educativo “Xogade coas motos”, impulsado pola Xunta de Galicia e Deporte Galego, celebrará unha nova xornada da súa xira 2025 no Pavillón Municipal A Cúpula de Monterroso o vindeiro 8 de novembro, tras un cambio de data anunciado pola organización.

A iniciativa, dirixida a nenos e nenas de 6 a 15 anos, combina a aprendizaxe coa diversión a través da práctica segura do motociclismo. O lema “Divírtete aprendendo!” resume o espírito dun proxecto que busca achegar este deporte ás novas xeracións dun xeito educativo e responsable.

O evento conta coa colaboración da Federación Galega de Motociclismo e o apoio do Plan Deputación 2025 de Lugo.

⚙ Configurar cookies
0.080016851425171