Xogar ao golf por unha boa causa: organizan en Lugo o Torneo Benéfico Raiolas
Como cada ano, o club de golf de Lugo será escenario dunha nova edición do torneo de golf benéfico coa Asociación de pais, nais e persoas con Trastornos do Espectro Autista e Trastornos da Comunicación Social Raiolas. A cita, que chega a súa décimo quinta convocatoria, será o vindeiro 8 de setembro nas instalacións do club na cidade.
Durante a xornada levarase a cabo a venda de rifas e tamén un sorteo de regalos de xeito solidario. A asociación Raiolas atende en Lugo a unhas 75 familias e traballa en áreas como a logopedia, a psicoloxía, a psicopedagoxía ou a terapia ocupacional. O colectivo, que segue a apostar pola inclusión sociocomunitaria, tamén puxo en marcha en xuño o primeiro centro para persoas con TEA en Lugo.
Trátase dunhas instalacións para persoas cun grado de dependencia ou de necesidade de apoio moi elevado. Aínda que ningún marcador biolóxico indica o trastorno, no centro da asociación, que está presidida por Inés Flores, tamén ofrecen dende o 2022 unhas probas específicas coas que se pode detectar. De feito, son o único centro da provincia que ofrece esa avaliación completa xa que a través da Seguridade Social só se fai nun centro en Ourense, entón as listas de espera son moi grandes, indican.