Xornada de voluntariado ambiental na contorna do río Miño
LugoXa
As prazas para participar son limitadas polo que cómpre realizar inscrición na web www.experienciadeportiva.decathlon.es
3 Jun 2021
Este domingo, día 6 de xuño, organízase unha xornada de voluntariado ambiental que terá lugar na contorna do Río Miño.
A actividade, dirixida a todos os públicos, será secundada por diversas asociacións e levarase a cabo en diferentes quendas entre as 10:00 a 12:00 horas e entre as 12:00 e as 14:00 horas. Así pois, está organizada pola empresa de material deportivo Decathlon e conta coa colaboración do Concello de Lugo.
Esta é a sexta xornada de voluntariado que se realiza e, para participar na actividade é preciso inscribirse gratuitamente a través da páxina web www.ex perienciadeportivadecathlon.es xa que as prazas son limitadas.
O punto de encontro será no paseo do Miño á altura das Saamasas.