Xornadas de portas abertas no Club Voleibol Emevé

Chegan as xornadas de portas abertas ao Club Voleibol Emevé no pavillón do Seminario.
Comézase unha nova campaña de descubrimento de nenos e nenas que estean interesados en probar o deporte do Voleibol, así coma probar a entrenar en dito clube. As xornadas levaranse a cabo os mércores e os venres e rematarán o día 23. Os nenos e nenas nados entre os anos 2017 e 2014 adestrarán no horario de 17:00 a 17:50 horas. Os que naceran entre o 2013 e 2011, de 17:50 a 18:40 e, finalmente, os nados nos anos 2010 e 2009 o horario será de 18:40 a 19:30.
