Xosé Lois Varela será o candidato á Alcaldía en Palas de Rei
Xosé Lois Varela será o candidato do Bloque Nacionalista Galego á Alcaldía en Palas de Rei segundo decidiu a asemblea local por unanimidade.
Lois Varela, gandeiro de ecolóxico de Carteire, declarou que “Estou moi agradecido polas compañeiras e compañeiros que viran en min a oportunidade de encabezar o proxecto do BNG, acepto este reto con todo o entusiasmo para traballar e recuperar a nosa presenza no Concello e liderar o cambio”.
A candidato do BNG á alcaldía de Palas de Rei destacou que" o BNG vai saír a por todas para liderar un proxecto que mellore e avance Palas de Rei, estamos preparados e preparadas, temos un proxecto centrado e coa confianza plena nas capacidades de Palas, podemos construír entre todas e todos un proxecto que ilusione, que faga a vida máis doada cos mellores servizos públicos e unha aposta real nos sectores produtivos, como a actividade agro gandeira ou o comercio local”