Xosé María Arias felicita aos novos graduados en Nutrición e Dietética
O Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias Fernández, participou onte no acto de graduación dos alumnos e alumnas da novena promoción do Grao de Nutrición Humana e Dietética do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela.
Na cita, celebrada no Salón de Actos da Facultade de Ciencias, o Deputado felicitou aos graduados por superar as complicacións que supuxo a Covid e ter completado a súa formación “nunha rama do saber que cada vez acada maior importancia, con aplicacións claras na industria alimentaria, no eido sanitario e no impulso de hábitos de vida máis saudables”.
Xosé María Arias reivindicou o papel da Universidade pública, “que é de todos e todas, para que ninguén quede excluído da formación superior polo seu orixe ou polos seus ingresos económicos”. O Deputado lembrou que a institución provincial mantén unha colaboración coa USC que fixo posible a creación do Campus de Lugo e, na actualidade, é a Deputación de España que máis orzamento dedica á formación universitaria.