Xunta e Concello chegan a un acordo para a permuta das parcelas do Castiñeiro

LugoXa
A segunda reunión entre Xunta e Concello deu como resultado oi acordo para un convenio para a permuta de parcelas do Castiñeiro.
Centro Social castiñeiro
25 Maio 2023

A segunda reunión entre a administración autonómica e a local deu como resultado que o Concello de Lugo acepte a proposta inicial da Xunta de Galicia de asinar un convenio patrimonial para a permuta das parcelas do Castiñeiro, propiedade do Instituto Galego de Vivenda e Solo. Á xuntanza, na que houbo unha representación dos veciños do barrio, asistiron o delegado territorial, xunto ao director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo, ademais de técnicos do IGVS, mentres que polo Concello estiveron presentes a alcaldesa e o interventor municipal.

O obxectivo da reunión centrouse, por unha banda, en definir o tipo de convenio, que a Xunta defendeu como patrimonial para axilizar ao máximo os prazos e que foi aceptado polo Concello; por outra, na necesidade de que o Concello aclare que parcelas pode poñer a disposición para levar a cabo a permuta. Dase a circunstancia de que as que puxo a disposición na primeira reunión son as mesmas que ofreceu a Abanca, para a permuta dos terreos do Sagrado Corazón, e que está pendente desde hai meses. Por este motivo a Xunta solicitou ao Concello máis parcelas, xa que Abanca ten preferencia sobre a administración autonómica á hora de elixir os terreos para levar a cabo a súa permuta co Concello.

Co obxectivo de avanzar no futuro convenio patrimonial, no transcurso da reunión de hoxe os responsables da Xunta entregaron á alcaldesa un borrador do acordo, que permita ir traballando e gañar tempo mentres o Concello traslada as parcelas que poderán ser obxecto de dita permuta.

0.16016292572021