Xunta e Concello de Friol investirán 448.000 euros na traída de auga a Seixón

TerraChaXa | LugoXa
O alcalde de Friol, Jose Ángel Santos, e a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, reuníronse fai uns días, acompañados pola Directora Xeral de Patrimonio Natural, Maria Sol Díaz e o novo Director de Augas de Galicia, Roi Fernández, para avaliar e activar o proxecto para dotar de abastecemento de auga á parroquia de Seixón.
14 Maio 2024

O alcalde de Friol, Jose Ángel Santos, e a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, reuníronse fai uns días, acompañados pola Directora Xeral de Patrimonio Natural, Maria Sol Díaz e o novo Director de Augas de Galicia, Roi Fernández, para avaliar e activar o proxecto para dotar de abastecemento de auga á parroquia de Seixón.

Este proxecto eleva o seu orzamento a case 448.654€, dos cales, a Xunta de Galicia a través da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático asumirá o 80%. O restante 20% será costeado polo Concello de Friol.

Durante este encontro, o rexedor trasladoulle á conselleira que o obxectivo é habilitar o servizo de abastecemento nos núcleos desta parroquia, mais concretamente en Seixón de Abaixo e Seixón de Arriba, O Vilar, Subcampo, A Lagoa, O Covelo, Cela e A Abelaira, polo que a previsión é garantir o subministro para todos os habitantes destes lugares, que suman mais de 280 en total.

Esta actuación permitirá tamén dar servizo ás granxas e explotacións gandeiras situadas nesa contorna, que teñen actividades económicas que pertencen sobre todo ao sector primario.

O alcalde de Friol quixo aproveitar a reunión para analizar tamén con Ángeles Vázquez o estado no que se encontra o proxecto de saneamento no núcleo de Roimil. Neste tema, a Conselleira comprometeuse a que o Goberno galego financie con case 80.000 euros a acometida eléctrica, que é o último paso que queda pendente para a posta en funcionamento da rede de colectores do núcleo e do sistema de depuración.

A Xunta de Galicia continúa prestando o seu apoio técnico e económico aos concellos para que poidan exercer as súas competencias de saneamento e abastecemento de xeito mais eficiente e prestar servizos de calidade aos seus veciños e veciñas.

O alcalde agradece a sempre predisposición da Xunta de Galicia co noso concello, colaborando para poder así levar a cabo proxectos necesarios para os habitantes do noso municipio, especialmente a Conselleira Ángeles Vázquez, que sempre se mostra sensible e colaboradora cos proxectos que foron plantexados nos últimos anos por parte do Equipo de Goberno de Concello de Friol.

0.19444608688354