Xúntanse máis de 200 exemplares na 4ª edición da Feira en Defensa do Gandeiro da Montaña

LugoXa
Cervantes acolleu 4ª edición da Feira en Defensa do Gandeiro da Montaña, unha cita que impulsa a Deputación de Lugo a través dunha achega de 6.
Feira do Gandeiro da Montaña de Cervantes_
12 Maio 2024

Cervantes acolleu 4ª edición da Feira en Defensa do Gandeiro da Montaña, unha cita que impulsa a Deputación de Lugo a través dunha achega de 6.000 euros e que superou os 200 animais do ano pasado entre o gando vacún, equino, ovino e caprino procedente de ganderías da Fonsagrada, Castroverde, As Nogais, Becerreá, Navia de Suarna, Cervantes ou Asturias. A Deputación de Lugo levou tres exemplares procedentes do centro de recría da Granxa Gayoso Castro á cita gandeira

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, participou na feira, na que o prezo medio dos animais foi de 2.516 euros euros e o máis elevado ascendeu a 2.850 euros. A asociación Territorio Verde, co apoio do Concello, recuperou no ano 2019 esta feira tradicional co obxectivo de poñer en valor a actividade gandeira e enxalzar o espírito das feiras de hai 40 anos que se celebraban ao aire libre e eran o principal punto de venda de gando na Montaña lucense.

Desde primeira hora da mañá, a xornada contou con poxa, a entrega de premios aos mellores exemplares, sorteos e inchables para os máis pequenos. Ao longo do día, a xornada estivo amenizada polos grupos de música tradicional Os Xardois, Os Gaioleiros, e Tania e o seu acordeón.

O Bloque Nacionalista Galego tamén ase achegou a San Román de Cervantes. Estivo a deputada por Lugo no Parlamento galego, Montse Valcárcel, e membros do BNG na comarca. Montse Valcárcel destacou que “Cervantes ten todo por gañar, o seu sector agro-gandeiro é unha potencia que se ten que impulsar, e que desde o BNG apoiaremos sempre”

Apoio ao sector

Neste senso, o candidato nacionalista subliñou “poremos en marcha medidas en apoio ao sector, afondando en engadir valor aos produtos que aquí se producen, baixo o fomento da transformación da nosa carne, do noso mel ou doutros grandes manxares”. Valcárcel destacou que Cervantes merece que “ se estableza máis dinamismo económico, fixando riqueza na comarca, o que contribuiría á creación de emprego e o asentamento da poboación, funcións vitais para manter un concello rural como é Cervantes”

Por outra banda, o a deputada do BNG salientou que o dende o Parlamento se traballará para conseguir medidas para garantir prezos xustos “no BNG queremos que as persoas que están a manter e coidar o noso campo, teñan unhas condicións para que vivan dignamente, medidas que contribúan a garantir uns prezos xustos ás producións gandeiras”.

0.19937419891357