Xustás arranca o xoves as súas festas de Santiago

LugoXa | TerraChaXa
O sábado pecharanse as celebracións cunha misa solemne e sesión vermú co grupo Fuxsión Latina, que tamén participará na verbena xunto con Saudade
programa-festas-xustas
20 Jul 2025

Xustás celebrará as súas festas na honra a Santiago Apóstolo os días 24, 25 e 26 de xullo de 2025, enchendo de música e ambiente festivo a parroquia do concello de Cospeito.

O xoves 24 abrirase o programa festivo cunha verbena pola noite a cargo do grupo Eureka, encargados de animar o primeiro día das festas. O venres 25, día de Santiago, haberá misa solemne ás 13:30 h seguida dunha sesión vermú coa orquestra Ritmo Joven. Pola noite a verbena contará coas actuacións de Ritmo Joven e Talisman, garantindo unha xornada de música e baile para todos os asistentes.

O sábado 26 pecharanse as festas cunha misa solemne e sesión vermú co grupo Fuxsión Latina, que tamén participará na verbena da noite xunto co grupo Saudade, completando así tres días de celebracións en Xustás.

A comisión de festas agradece a todos os veciños e colaboradores o apoio recibido para facer posible esta festa, que conta co patrocinio de numerosos comercios locais e o apoio do Concello de Cospeito e da Xunta de Galicia.

⚙ Configurar cookies
0.10699415206909