Xuventude lanza novas actividades para este outono
O Goberno de Lara Méndez, a través da concellería de Xuventude, dirixida por Mauricio Repetto, lanza para este outono actividades para impulsar entre a mocidade lucense hábitos de vida saudable vinculadas co deporte e unha boa alimentación, así como co uso responsable da moda.
“Tratamos con todas estas actividades darlle alternativas de ocio á xuventude de Lugo que sexan divertidas e que ao mesmo tempo lles axude a adquirir hábitos sans e sostibles, incluso desde un punto de vista medioambiental, de acordo o modelo de cidade no que estamos a traballar”, sostivo o concelleiro.
As actividades desenvolveranse na Casa da Xuventude e as persoas interesadas poderán inscribirse neste formulario.
Dentro destas actividades podemos atopar un obradoiro de moda circular, que busca ensinar á mocidade a darlle unha nova vida ás prendas de roupa que xa non utilizan.
O Concello tamén ofrece unha gran variedade de opcións deportivas dende clases de zumba, ioga ou escalda ata a posibilidade de facer rutas de senderismo e rutas de E-Bike.
Dende o concello tamén se ofertan outro tipo de actividades como charlas de nutrición, lasser tag ou un obradoiro de percusión.