Xuventude oferta un curso de pesca deportiva impartido por David Arcay
As inscricións - por rigorosa orde de entrada - deben realizarse entre o 2 de maio e o 21 de xuño, a través da web lugomasxti.org.
O Servizo de Prevención de Drododependencias e outras adiccións, adscrito á concellería de Xuventude, e dentro do Programa +XTÍ 2023 subvencionado polo Ministerio de Sanidade (Plan Nacional sobre Drogas), abre o prazo de inscripción para que lucenses, entre 18 e 49 anos, se inscriban nun curso de pesca deportiva, impartido polo pentacampeón do mundo de pesca, David Arcay.
Esta actividade está plantexada para realizarse durante as mañás e as tardes do mes de xullo “co obxectivo de achegar alternativas de ocio saudables e de balde nun entorno natural único como é a ribeira do Miño” apuntaba a rexedora.
A formación desenvolverase os sábados 1, 15 e 22 de xullo, e será de xeito presencial, no Río Miño (concretarase o punto de encontro cos participantes). Faranse 6 grupos (2 grupos cada día): un grupo de maña e un grupo de tarde, e cada grupo gozará dunha formación de 5 horas.
As inscricións - 12 prazas por grupo - deben realizarse entre o 2 de maio e o 21 de xuño, a través da web lugomasxti.org.