Xuventude organiza en xullo diferentes actividades no medio rural
O goberno de Lara Méndez, a través do Servizo de Prevención de Drododependencias e outras adiccións, adscrito á concellería de Xuventude, convida á xuventude a participar no mes de xullo, en diferentes actividades de aventura no medio natural.
Unha programación de actividades dirixidas á xuventude de 14 a 35 anos empadroada no Concello de Lugo, que será abertan e gratuítas. Terán lugar os sábados 1, 8, 15 e 22 de xullo, en horario de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h, en Lucus Aventur - Bandelo, s/n (Ombreiro, Lugo)- .
As inscricións poderán realizarse en www.lugomasxti.org a partir do 26 de xuño habendo 15 prazas por quenda de Multiaventura, e 10 prazas por quenda de Laser tag sendo a inscrición por rigorosa orde.
"O obxectivo é consolidar unha oferta variada de actividades para que a mocidade poida gozar do seu tempo libre dunha forma divertida, saudable e ao aire libre”, asegurou a rexedora, Lara Méndez, quen subliñou que a idea do Concello é que estas iniciativas “sirvan, ademais, para que os e as mozas da cidade se coñezan e compartan afeccións e intereses comúns”.
PROGRAMA
Sábado 1 - Pack Multiaventura
- Tirolinas, tiro con arco e ruta en kayak
- Quenda de mañá: 10:00 a 14:00 h.
- Quenda de tarde: 16:00 a 20:00 h.
- Incricións ata o día 29 de xuño
Sábado 8 - Pack Multiaventura
- Tirolinas, tiro con arco e ruta en eBike
- Quenda de mañá: 10:00 a 14:00 h.
- Quenda de tarde: 16:00 a 20:00 h.
- Incricións ata o día 6 de xullo
Sábado 15 - Pack Multiaventura
- Tirolinas, tiro con arco e ruta en kayak
- Quenda de mañá: 10:00 a 14:00 h.
- Quenda de tarde: 16:00 a 20:00 h.
- Incricións ata o día 13 de xullo
Sábado 22 - Partidas Laser Tag
- Quendas de mañá: 11:00 a 12:00,
- de 12:00 a 13:00, e de 13:00 a 14:00 h.
- Quendas de tarde: 16:00 a 17:00,
- de 17:00 a 18:00, e de 18:00 a 19:00 h.
- Incricións ata o día 20 de xullo