Xuventude organiza en xullo un curso gratuíto de iniciación ao piragüismo
A área de Xuventude, que dirixe o edil Jorge Bustos, organiza no mes de xullo un curso gratuíto de iniciación ao piragüismo na contorna da área recreativa de Os Robles. “Trátase dunha formación na que se poderá gozar e experimentar distintas modalidades a cargo da Escuela de Piragüismo, como o caiac, a canoa ou o paddle sup”, subliñou o concelleiro.
A actividade, de iniciación, está dirixida á poboación de 14-35 anos empadroada no concello. Realizarase por quendas, ofrecendo un total de 30 prazas (10 por quenda), de luns a venres en horario de 11:00 a 14:00 horas. As e os interesados poderán inscribirse na web www.lugomasxti.org dende o vindeiro luns, 3 de xullo, asignándose as prazas por rigorosa orde de chegada das solicitudes.
Para participar nesta iniciativa precísase saber nadar, levar roupa cómoda e de recambio e, no caso de menores de 18 anos, presentar unha autorización cuberta e firmada polo pai/nai titor/a e copia do dni da persoa que autoriza, antes do comenzo das actividades.
As tres quendas organizaranse do seguinte xeito: quenda 1, do 10 ao 14 de xullo; quenda 2, do 17 ao 21 de xullo; quenda III, do 24 ao 31 de xullo. A iniciativa enmárcase na programación do +xTi, financiada polo Plan Nacional sobre Drogas do Ministerio de Sanidade.