Xuventude organiza un escape room os últimos días do ano
A área de Xuventude, que dirixe o edil Jorge Bustos, organiza os vindeiros días 28, 29 e 30 de decembro un escape room navideño para grupos de 4 a 6 persoas, en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. A iniciativa, totalmente de balde, terá lugar na Casa da Xuventude baixo o título ‘Misterio no Nadal’ e servirá para despedir a programación de actividades do Goberno de Lara Méndez destinadas á mocidade lucense neste 2023.
Misterio de Nadal é un escape room composto por 27 probas das cales 10 serán tecnolóxicas, usando arduinos, programación e sensores, e os restantes serán desafíos manuais, combinacións numéricas, xeroglíficos, códigos, etc. Estará ambientado en varias estancias da Casa da Xuventude, todas elas relacionadas co Nadal, con 144 prazas dispoñibles.
Jorge Bustos animou ás e aos mozos lucenses a participar neste escape room, así como no resto de actividades que poremos en marcha durante o Nadal “para ofercer unha alternativa de ocio lúdica e saudable á xuventude do municipio e que tamén incluirá rutas de sendeirismo, obradoiros de cociña e o festival de música Nadal Fest”.
A terceira edición da cita musical terá lugar na Praza da Soidade o próximo día 21, a partir das 21:00 horas, con Soge Culebra, Galiciam Army e Cool Nenas como protagonistas. Ademais, ás 00:00 horas haberá uvas da sorte para todas as persoas asistentes. O Nadal Fest aspira a consolidarse como evento ineludible para a mocidade lucense coa mellor selección de música urbana do panorama galego e nacional.
De feito, Soge Culebra é na actualidade un dos músicos máis representativos da nova fornada da música urbana. Con apenas 24 anos ten máis de 800.000 subscritores en Youtube, 3,6 millóns de oíntes mensuais en Spotify e o seu último tema, en colaboración con Quevedo, sitúao no top 4 de tendencias con máis de 3,5 millóns de visualizacións en 2 meses.
A ruta de sendeirismo “Belén de cumio” na que se ascenderá ao pico dos Tres Bispos nos Ancares lucenses terá lugar o día 16 e os obradoiros de cociña serán os días 14 e 21, a partir das 19:00 horas, na Casa da Xuventude. O primeiro estará dedicado a entrantes, mentres que no segundo confeccionaranse postres e lambetadas.
As inscricións, totalmente de balde, para as diferentes activades pode realizarse a través deste enlace.