Xuventude organiza unha actividade con dous simuladores de condución

LugoXa
A concellería de Xuventude organiza unha actividade na que 192 lucenses poderán competir con pilotos da talla de Sergio Vallejo
simuladores de conducion carreiras virtuais portada
25 Maio 2023

O Servizo de Prevención de Drododependencias e outras adiccións, adscrito á concellería de Xuventude, e dentro do Programa +XTÍ 2023 subvencionado polo Ministerio de Sanidade (Plan Nacional sobre Drogas), instalarán dous simuladores de condución racing no que os participantes poderán competir con pilotos da talla de Sergio Vallejo.

A actividade terá lugar os venres 2, 9 e 16 de xuño en horario das 14.00 ás 22.00h na Praza Horta do Seminario. Cada un deses días poderán participar ata 64 persoas. É aberta, gratuíta e non require de inscrición. Cada hora, 8 participantes, participarán en carreiras virtuais contra un piloto profesional e, o mellor de cada sesión participará nunha gran final.

Con esta actividade pretendemos fomentar o consumo cero ao volante e ofrecer alternativas de ocio sen alcohol ou outras drogas. A idea da conducción sen consumo será un tema transversal durante toda a actividade, ao mesmo tempo que sensibilizar e fomentar entre os participantes conductas seguras, responsables, e que poñan en evidencia a incompatibilidade do alcohol e outras drogas coa conducción, un dos eixos principais da prevención de drogodependencias.

simuladores de conducion carreiras virtuais
0.11090087890625