Yago González do Shihan, campión galego de kickboxing en ring

Os deportistas do Shihan non paran de colleitar bos resultados. O último en volver a subirse no máis alto do podio foi Yago González que se proclamou campión galego de K1 en ring. O deportista do club lucense fíxose co novo título no pavillón municipal de Cerdedo-Cotobade no que tivo lugar o Campionato Galego Xunta de Galicia de Kickboxing en ring.
González suma así tres ouros nas tres últimas competicións. O mozo é o actual Campión de España de Sanda e Campión Galego de K1 en tatami. Na cita, xuntáronse os mellores competidores a nivel autonómico no cuadrilátero.