O novo auditorio municipal de Lugo abre as súas portas co nome Fuxan os Ventos o 20 de decembro de 2024. O seu nome elixido mediante unha consulta pública rende homenaxe ao emblemático grupo musical lucense, símbolo da cultura e a lingua galega desde a súa fundación.
Ofrecémosche toda a información actualizada a diario sobre a programación e as actividades do Auditorio Fuxan os Ventos. Aquí recolleranse novas, eventos e actos culturais destacados, así como calquera novidade relevante sobre este moderno equipamento, que se consolida como un referente cultural na cidade.