Lara Méndez é a actual vicesecretaria do PSdeG-PSOE - Partido dos Socialistas de Galicia, cargo que ostenta dende o ano 2021 e deputada do Parlamento de Galicia.
Foi concelleira da corporación municipal de Cervo durante doce anos. Posteriormente ocupou a vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo dende o ano 2007 ao 2015, ano no que tomou posesión como alcaldesa de Lugo, ata xaneiro de 2024. Ademais, tamén foi presidenta do "Eixo Atlántico".