LugoXa
O Goberno local impulsa a dinamización económica con máis de 14.900 euros en axudas a entidades locais
As subvencións chegan a oito asociacións que destacan polo seu labor en emprendemento, industria, hostalaría e economía social
O Concello de Lugo pide á Xunta máis medios para combater as pragas e controlar a poboación de xabarís
O Goberno local insta ao Executivo galego a asumir as súas competencias e actuar con planificación ante os riscos ambientais, económicos e de seguridade cidadá
O Ministerio de Transportes acomete melloras nos túneles de Doncos e Vilafranca con cortes nocturnos na A-6
Os traballos de renovación da ventilación contan cun investimento de 22,7 millóns de euros con fondos europeos e obrigarán a desvíos temporais pola N-6
O Centrad acolle unha actividade de outono con xogos, cantigas e o magosto da Tradescola
Durante o evento entregaranse os premios aos finalistas do XII Certame de Debuxo sobre o baile e os instrumentos da música tradicional
O PP de Lugo insiste nas acusacións contra Rubén Arroxo a pesar das críticas do BNG
O grupo popular volve insistir nunha denuncia xa corrixida, mentres desde o goberno local defenden a transparencia e o control municipal
A Xunta e o Concello de Friol colaboran para dotar de subministro eléctrico o sistema de saneamento de Roimil
O convenio permitirá completar a rede hidráulica, cun investimento de 280.000 euros, e prevese que entre en servizo antes de que remate 2025
Cervantes celebra a quinta Xornada Degustación da Tenreira de Ancares
O evento reuniu veciñanza e visitantes arredor da carne da Montaña Lucense e contou tamén coa XIII Feira de Artesanía e diversas actividades culturais
Brais Revaldería, director de cine: “O meu obxectivo é contar historias de Galicia para darlle visibilidade”
Brais Revaldería, realizador audiovisual e director de cinema lucense e asentado en Nova York, con dous premios Emmy e un León de Ouro en Cannes, segue poñendo en valor a súa produción ‘Fillos do vento: A rapa’
A ITV móbil agrícola estará en Friol este mes
A unidade fará as inspeccións entre os días 14 de novembro e 9 de decembro
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A Xunta reforza o apoio ás agrupacións de Protección Civil da provincia de Lugo
A exposición 'Gardiáns' de Jorge Arévalo mostra un retrato da relación entre o rural e os seus animais
A mostra, que pode visitarse ata o 30 de novembro en Lugo, reúne 71 fotografías e 3 vídeos sobre a vida nas ganderías galegas e conta con versos de Olga Novo e María Sánchez
A unidade móbil de doazón de sangue estará en Antas de Ulla o 20 de novembro
O servizo instalarase diante do Concello entre as 10:00 e as 14:00 horas para promover a doazón entre a veciñanza
O PP critica os atrasos nas obras do Pazo dos Deportes de Lugo
O vicepresidente provincial lembra que o estudo sobre a capacidade do Pazo xa está contratado e critica a estratexia do Partido Popular de “crispar” e usar politicamente a imaxe do Breogán
O BNG denuncia que o Cebreiro leva meses ás escuras pola falta de iluminación pública
A formación nacionalista acusa ao goberno local do PSOE de desleixo e esixe medidas urxentes para garantir a seguridade veciñal e preservar a imaxe turística do enclave
Castroverde acolle a proxección de 'Prefiro condenarme' coa presenza da directora Margarita Ledo
A película proxectarase este domingo no CSC Paco Pestana dentro do programa cultural da Deputación de Lugo
Explican as modificacións da Lei do Patrimonio Cultural para axilizar trámites e reforzar a protección
As novas medidas permitirán aos concellos autorizar obras menores en bens protexidos e reducirán os tempos de espera actuais
O PSdeG de Portomarín denuncia uns servizos “precarios e impropios do século XXI”
Os socialistas acusan ao goberno local do PP de “inxustiza e irresponsabilidade” por incrementar as tarifas mentres a veciñanza segue sen auga potable nin servizos de calidade
O BNG de Lugo acusa o PP de “enlamar” a política local e esixe a rectificación de Elena Candia
Rubén Arroxo anunciou que trasladará o caso ao gabinete xurídico e pide á voceira popular que rectifique ou dimita tras acusalo falsamente de malversación
Friol acolle a presentación de Movegandex, unha nova asociación que aposta pola gandaría extensiva
A conselleira do Medio Rural destacou que o proxecto une o aproveitamento forestal, a gandaría extensiva e o desenvolvemento local, contribuíndo á prevención de incendios e á conservación da biodiversidade
O Concello de Lugo renova o saneamento e o abastecemento na rúa Pintor Pacios
As obras, cun orzamento de máis de 64.000 euros, permitirán substituír as canalizacións antigas e modernizar a rede de auga e saneamento nun prazo de catro meses
O BNG reclama ao Estado o arranxo urxente da antiga N-VI ao seu paso por Becerreá
Néstor Rego presentará unha iniciativa no Congreso para esixir ao Ministerio de Transportes a reparación integral dunha estrada en estado de abandono e con graves deficiencias no firme
Ítaca Teatro leva Cinco minutos sen respirar a Meira e A Fonsagrada
A compañía lucense representará a obra os días 15 e 16 de novembro dentro do Programa de Teatro Profesional 2025 da Deputación de Lugo
Amigos do Patrimonio de Castroverde celebra vinte anos de defensa da memoria e da identidade local
A asociación conmemora o seu XX aniversario cun encontro de socios, un xantar e o concerto de Son de Corda no Centro Sociocultural Paco Pestana




