LugoXa
A tradicional andaina de Friol adiántase ao día 21
Poden apuntarse ata o martes 17 de setembro, nas oficinas do Concello ou na circular que se enviou dende o centro educativo
Convocan na Fonsagrada a segunda edición dun taller de poda e enxertos
Será os días 19 e 20 de outubro, no salón de actos Os Chaos
A comisión de festas en Roimil, Friol, organiza unha cea baile
A actividade terá un prezo de 20 euros, na que se incluirá unha cea e actuación musical para amenizar a noite
O PP asesorará no proceso de reclamación do imposto de rodaxe en vehículos agrícolas
O Partido Popular anuncia que porá a disposición dos afectados un documento tipo para reclamar a súa devolución
A Delegación da Xunta acolle este sábado a segunda edición do Torneo de Mus
Iniciarase ás 10.00 horas e prolongarase ata as 23.00 horas, con partidas durante toda a xornada
Cambian o sentido do tráfico na A-8 para continuar coas obras dos viadutos
Procederase a cortar o tráfico da calzada da A-6 sentido Madrid entre os km 432 e 422, desde as 22:00 e as 7:00 horas, a partir da noite do luns 16 ao martes 17 de setembro
O Coliving do Carme acollerá este domingo a presentación da orquestra xoven de Lugo Terra Nova
O evento terá lugar a partir das 19:30 horas e contará con dous concertos dos grupos TerraTrompas e TerraCordas, dirixidos polo músico Nicolás Raveli
Escollidos os gañadores dos Premios á Excelencia de Turismo e Gastronomía
A Festa da Cereixa, do Viño e do Aceite de Ribas de Sil, a Feira do Capón de Vilalba, A Ruta dos Lobos da Fonsagrada, a Mina Consuelo e Boulloso da Pontenova e o Barco Museo Reina del Carmen de Burela foron os gañadores
O CB Breogán organizou xogos na rúa para presentar á afección o corpo técnico e a nova camiseta
O acto contou con actividades diferentes e xogos os que participaron nenos e adultos
Os maiores de Friol viaxaron a Caión, Malpica, Cambre e Ares
A totalidade dos custes e a organización da viaxe foron con cargo a fondos propios do Concello
A Tinería acolle a terceira edición da súa festa despois de 4 anos sen celebrarse
O festexo inclúe actividades para todos os públicos desde as 12.00 horas ata as 23.00 horas
Presentan nun café coloquio en Outeiro de Rei o programa Digalicia
A xornada terá lugar o mércores 25, en horario de 9:00 a 10:30 horas no Hotel Casas da Fortaleza
O Concello de Rábade pecha o prazo para inscribirse nas Escolas Deportivas
As inscrición pódense facer no Departamento de Cultura e Deporte do Concello de Rábade
Retiran 450 kg de residuos das arquestas da praza de Abastos
Participación lembrou que nos últimos meses se puxo en marcha un servizo de recollida para facilitar a reciclaxe dos restos orgánicos
Alexandre Penas reclama á Xunta que revise a sinalización da estrada da Fonsagrada en Castelo
Criticou que a Xunta "colocase un dos novos sinais xusto antes da incorporación, o que fai que esta medida sexa inútil ao non ser a nova velocidade máxima visible para todos os vehículos que se incorporan á vía"
Este domingo terá lugar o Desafío San Miguel 2024 en Monterroso
A proba ciclista espera reunir na capital da Ulloa a preto de 200 corredores
As unidades de estranxería pasarán a ser tamén puntos violenta contra a violencia
Nestes espazos atoparanse materiais e guías de información sobre o procedemento de actuación, así como recursos e explicacións sobre os distintos tipos de violencias
Alcer organiza o 22 unha carreira e andaina solidarias pola Muralla
O obxectivo é promover a doazón de órganos
O PP critica a falta de seguridade vial na contorna dalgúns colexios
"É inaceptable que teñan gardado no caixón o proxecto para facer unha beirarrúa en Virxe da Soidade que permitiría acceder de forma segura ao Colexio das Gándaras", di
Antas de Ulla fai balance do servizo de atención temperá
O ano pasado atendéronse un total de 56 casos
A maxistrada Olalla Díaz Sánchez é reelixida xuíza decana de Lugo
Afronta o seu segundo mandato co obxectivo de mellorar a accesibilidade e seguridade do edificio xudicial
Afalu visibiliza o alzhéimer a través dunha gala en Lugo
Afalu Alzhéimer desenvolve un programa para este mes de setembro co obxectivo de dar visibilidade, apoio e recoñecemento ás persoas enfermas de alzhéimer





