LugoXa
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
O Plan Director chegou en 2025 a máis de 26.500 participantes de 156 centros educativos da provincia
A cuarta etapa de ‘La Vuelta Femenina’ percorrerá a provincia de Lugo entre Monforte e Antas de Ulla
Será 6 de maio e pasará polos concellos de Sarria, Láncara, O Páramo, Portomarín, Taboada e Monterroso
O Día da Árbore celébrase en Lugo cunha plantación e actividades no Paseo do Rato
A iniciativa, impulsada pola Federación de Veciños Lucus Augusti da man do Concello de Lugo e a Deputación, busca promover a conciencia ambiental e a conservación dos espazos naturais
O Concello contratará unha nova plataforma tecnolóxica para modernizar a xestión municipal
O sistema integrará aplicacións como a xestión de expedientes, a contabilidade ou a sede electrónica e busca mellorar a relación da cidadanía coa administración
O BNG impulsa unha recollida de sinaturas para reclamar á Xunta a creación dun gran parque central en Lugo
A iniciativa, promovida a través de change.org, busca impulsar un espazo verde de máis de 27.000 metros cadrados integrado no casco histórico e conectado coa Praza de Bretaña e o Vello Cárcere
Cervantes acolleu unha demostración de maquinaria forestal que reúne máis de 70 profesionais
A xornada permitiu ver en funcionamento robots de desbroce e maquinaria adaptada a zonas de montaña, xerando un notable interese entre os asistentes
Abraham Cupeiro estrena ‘Ao son de Santa María de Vilabade’ en Castroverde
O multiinstrumentista sarriao contará con colaboracións especiais de Laura LaMontagne, Fillas de Cassandra e Mathew Ward
O Monte Segade acolle este sábado a III proba da Liga Galega de Orientación a Pé 2026
A competición, organizada polo Club Fluvial coa colaboración do Concello de Lugo, reunirá entre 300 e 350 deportistas na mañá do 14 de marzo
Ligonde, en Monterroso, acolle un curso de cestería promovido pola Deputación de Lugo
Unha decena de participantes aprende técnicas tradicionais da man da artesá María Folgueira nunha actividade formativa
Palas de Rei recibirá apoio para rehabilitar o Mosteiro de Vilar de Donas
O Concello obtén unha axuda da Consellería de Cultura para redactar o proxecto e buscar fondos do 2 % Cultural
Auxilia organiza en Lugo un encontro co artista Diego As para os seus usuarios o 30 de marzo
A Xunta colabora nesta iniciativa cultural e lembra o seu apoio aos proxectos da entidade a través de diferentes liñas de financiamento
Arrincan os preparativos para mellorar Serra de Meira e Fermín Rivera
O Concello e a Xunta avanzan nos convenios que permitirán desenvolver obras clave do Plan Paradai e a recuperación de espazos urbanos e fluviais
Lugo retoma as actividades de hortos escolares para o alumnado de sexto de Infantil
O programa educativo comezou este 9 de marzo no CEIP Luís Pimentel e chegará a 22 grupos de centros públicos
O PP levará ao pleno un plan para mellorar o mantemento dos polígonos do Ceao e das Gándaras
Os populares denuncian deficiencias na conservación, problemas de mobilidade e un transporte público insuficiente nestas áreas industriais
A residencia de Palas de Rei celebrou unha xornada festiva con motivo do seu quinto aniversario
O centro, único na comarca da Ulloa, conta con 46 prazas ocupadas e mantén lista de espera tras cinco anos de funcionamento
Outeiro de Rei conmemora o 8M coa presentación do vídeo '8M-8 Mulleres Emprendedoras no Rural'
O vídeo pon en valor a traxectoria de oito mulleres do concello que destacan por iniciativas innovadoras e de éxito nos seus sectores
Comeza en Piúgos un novo curso de cerámica para fomentar a participación veciñal
A iniciativa, organizada pola área de Participación do Concello de Lugo en colaboración coa Vicepresidencia da Deputación, achega formación básica sobre técnicas e materiais
O CHL Meigas suma unha vitoria e un empate na xornada da liga infantil disputada en Lugo
O equipo lucense superou a Morcegos HL por 3-1 e empatou 3-3 ante Raposos nun encontro moi competido
A Deputación organiza un coloquio cos finalistas dos videoclips nominados aos XXIV Premios Mestre Mateo
O encontro reunirase no Pazo de San Marcos o 12 de marzo e achegará ao público o proceso de creación de pezas musicais dos artistas Xoán Fórneas, Grande Amore, Sabela Ramil e Fillas de Cassandra
Lugo acollerá o 15 de marzo unha nova edición do Torneo de Xadrez de Pascua na Praza de Abastos
A competición, organizada pola Concellería de Educación e a Escola Luguesa de Xadrez, celebrarase entre as 16:00 e as 19:30 horas e contará con diferentes categorías
A Escola de Música de Robra acollerá en marzo un curso de fagot impartido pola intérprete María Losada Burgo
A iniciativa, impulsada por Musicocrisanto, desenvolverase ao longo de dúas xornadas intensivas centradas no perfeccionamento técnico e interpretativo
A Casa Museo Manuel María escolleu os gañadores do concurso de recitado poético con premios para a comarca
Pablo García Martínez, do IES de Foz e Lidia Parcero Gómez do Colexio Maristas foron os triunfadores da categoría correspondente a ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos
Cintia Folgueira: "É moi importante participar en actividades de divulgación para visibilizarnos como científicas"
Cintia Folgueira, investigadora lucense que traballa no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (Idis), está á fronte de estudos sobre a obesidade e a diabetes



