Lugo
Convocan unha xuntanza para desbloquear o proxecto da intermodal de Lugo
A Xunta vén de convocar, para o mércores día 24, a comisión de seguemento do proxecto, no que tamén participan o Concello e Adif
A Deputación presenta o programa Lugo Termal, que ofrecerá un mínimo de 1.600 bonos
Poderán beneficiarse dos descontos nos balnearios de Lugo, Pambre e Pantón todos os maiores de 50 anos. O programa arrancará no mes de xuño.
Ruta polo Courel, o vindeiro sábado, para a 'xuventude activa' de Lugo
O Concello de Lugo organiza este roteiro polo Courel dentro da programación deseñada para mozos e mozas de 14 a 35 anos
O Concello de Lugo adxudicará este mércores as obras da rotonda de San Eufrasio
Con esta infraestrutura, o goberno local pretende eliminar un dos principais puntos negros do tráfico urbano na cidade
David Fiuza, novo director da Banda de Música de Lugo
Despois de catro anos sen ninguén que a dirixise, o exdirector da banda de Lalín chega á formación lucense para facerse cargo da batuta
'María Solinha' estréase este domingo en Lugo en autocine
A proxección farase ás 19:45 horas na explanada do Pazo dos Deportes. Poderán acceder cen coches e a entrada é gratuíta
Comeza a construción de dous novos aparcamentos alternativos en Lugo
O Concello iniciou este xoves a construción de dous novos aparcamentos, públicos e gratuítos, que suporán 69 prazas máis de estacionamento
Inician os traballos para renovar o tramo do Burgo na estrada de Lugo a Palas de Rei
A Deputación inviste 85.000 euros na renovación dun tramo de dous quilómetros do vial provincial ao paso polo concello de Lugo
O Concello de Lugo adxudica por 1,2 millóns o centro interxeracional de Lamas de Prado
Con un prazo de execución de 12 meses, proxéctase como un centro interxeracional e polivalente que dará servizo a unhas 20.000 persoas
O Club Fluvial de Lugo denuncia "irregularidades" na selección de piragüistas para os Xogos de Tokio
A entidade sostén que actúa en defensa do seu deportista Cristian Toro ante a conduta “unilateral e absolutamente parcial" do adestrador
Lugo contará cun novo pavillón multidisciplinar na Garaballa
O pavillón multidisciplinar contará cun orzamento de case 3 millóns de euros e construirase ao carón da rúa Veiga Grande
As andainas 'Mulleres con forza' volven o sábado a Lugo
Esta actividade percorre espazos e monumentos relacionados coas mulleres que transformaron a sociedade lucense e galega ao longo da súa vida
O edificio Impulso Verde de Lugo, pioneiro en sustentabilidade
O edificio, que o Concello executa en Infanta Elena, será o primeiro en lograr a prestixiosa certificación de proxecto FSC en España
O parque de Augas Férreas, camiño de ser o terceiro cuberto en Lugo
O Concello vén de iniciar os traballos para a cobertura e renovación do parque infantil, aos que destina 166.400 euros
Recollen 3.500 sinaturas para dedicar unha rúa a Luis Soto en Albeiros
Propoñen que se cambie o nome da rúa Xenebro polo do seu párroco durante cincuenta anos, e que faleceu en 2014
O Seminario Menor de Lugo aceptará alumnas o vindeiro curso
O vindeiro curso, o Seminario Menor de Lugo e o de Santiago abrirán os seus centros educativos como colexios diocesanos de carácter privado
A Semana Santa de Lugo evitará os actos multitudinarios
A Xunta de Confrarías traballa nun programa con actos reducidos e respectando as medidas de seguridade fronte á covid
Lugo aposta por "reivindicacións seguras" polo Día da Muller
O Concello presentou un amplo programa de actividades e anima á cidadanía a evitar as habituais reivindicacións masivas do 8M nas rúas
A federación de veciños reclama melloras na rúa Montirón
Instan ao goberno local a arranxar as beirarrúas e cambiar o alumeado público desta vía, que rexistra unha elevada afluencia de xente a diario
Lugo fará dúas catas arqueolóxicas no barrio do Carme
O Concello iniciou este luns os traballos, que se prolongarán catro meses, co fin de poñer en valor o patrimonio histórico e cultural da zona
O BNG aborda este martes nunha charla o traballo na pandemia
A charla, que se poderá seguir de xeito telemático, afondará na situación das traballadoras dos servizos de axuda no fogar por mor da covid
O CD Lugo destitúe a Mehdi Nafit
A directiva xustifica a decisión “en base á análise da traxectoria demostrada ata a data e a dinámica de resultados colleitados polo equipo”