15 Expertos en clima, sostibilidade e xestión forestal visitaron o Edificio Impulso Verde

LugoXa
15 Expertos en clima, sostenibilidad y gestión forestal de diferentes países visitaron el Edificio Impulso Verde de Lugo.
festa do cocido santa leocadia
29 Mar 2022

Este luns tivo lugar un encontro entre o goberno local e o equipo de dirección e técnico do Climate Smart Forest Economy Program (Programa de Economía Forestal Inteligente para el Clima) para presentar o edificio municipal Impulso Verde, construído no marco do proxecto Life Lugo + Biodinámico.

A rexedora explicou que “este edificio, xerme do primeiro barrio multiecolóxico que se levantará en España, é unha aposta decidida pola transformación urbanística da cidade, replicable a outras, cambio non só vinculado coa mobilidade senón co deseño integral das urbes do futuro e coa novas construcións, pero tamén coa economía verde, baseada no aproveitamento dun dos principais recursos naturais da nosa provincia, e de Galicia, como é a madeira. Desde Lugo estamos a potenciar o sector forestal, xerando novas oportunidades vinculadas ás edificacións sostible, executadas con materiais de quilómetro 0”.

O grupo do Climate Smart Forest Economy Program estaba composto por 15 expertos en clima, sostibilidade, xestión forestal e urbanismo, procedentes de 6 países de 3 continentes diferentes: Sudáfrica, Estados Unidos, Suíza, Francia, Reino Unido e Croacia.

Os expertos valoraron de maneira moi positiva tanto o edificio como o bosque urbano, que tamén percorreron, e o barrio multiecolóxico, proxectos municipais que solicitaron coñecer de primeira man aproveitando que celebran en Galicia a reunión anual do seu Comité Directivo. O seu obxectivo é poñer en valor exemplos que, como o de Lugo, integran estratexias innovadoras e sostibles na loita contra o cambio climático.

O CSFEP conta coa colaboración de socios como o Foro Económico Mundial e EIT Climate-KIC, principal iniciativa de innovación climática da UE. Financiado pola Fundación Good Energies e co apoio de Dalberg Catalyst, ten como principal obxectivo velar por que a cadea de valor dos bosques e as economías dependentes dos mesmos sexan climaticamente intelixentes e poidan garantir o benestar ambiental e social da súa contorna.

Edificio de características únicas
Así, o interese mostrado polo edificio Impulso Verde débese ás características únicas do seu proceso de planificación, desenvolvemento e execución, con avances ambientais como o uso da madeira como elemento estrutural ou o seu consumo enerxético case nulo, reducindo as emisións de CO2 á atmosfera nun 90% con respecto a construcións homólogas de formigón e aceiro.

O edificio é a primeira construción de carácter público de Galicia levantada en madeira local e é, ademais, o primeiro en España e un dos poucos no mundo en obter a prestixiosa certificación de proxectos FSC (que garante que non contribúe á deforestación e aposta polo produto local), converténdose nun referente na loita contra o cambio climático, capaz de xerar con enerxías alternativas o seu propio consumo.

O Impulso Verde resultou gañador no 2021 dun certame internacional grazas á súa cuberta de lousa galega e foi finalista dos premios Rebuild debido ás súas innovadoras características construtivas. A súa cuberta tamén foi galardoada no Congreso Mundial da Enxeñaría da Madeira de Seúl, o máis importante do mundo

Con esta visita, o LIFE Lugo + Biodinámico consolida o seu obxectivo demostrativo, divulgando o coñecemento adquirido ao longo do proxecto.

O Concello de Lugo impulsa o LIFE Lugo + Biodinámico para unir de maneira indisoluble o desenvolvemento urbanístico e a sostibilidade económica da cidade. Con este proxecto, Lugo sitúase como un referente europeo na acción fronte ao cambio climático en contornas urbanas, á vez que se promove un novo modelo produtivo baseado no desenvolvemento de todo o potencial dos recursos naturais de proximidade, apostando firmemente por unha economía sustentable e a xeración de empregos verdes.

O LIFE Lugo + Biodinámico desenvólvese con fondos da Unión Europea a través do Programa LIFE. Cofinanciado polo Concello lucense, conta tamén con financiamento da Deputación de Lugo e co labor de investigación da Universidade de Santiago de Compostela, desde o Campus Terra de Lugo, e da Universidade Politécnica de Madrid.

0.13136792182922