Comezou a Campaña de Nadal de Acisa Ribadeo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Arrincou a Campaña de Nadal de Acisa, que culminará o 11 de xaneiro coa Festa do Comercio na que se sortearán 4.
Vilalba (4)
2 Dec 2019

Arrincou a Campaña de Nadal de Acisa, que culminará o 11 de xaneiro coa Festa do Comercio na que se sortearán 4.000 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados. Os clientes do comercio e da hostalería poderán facerse cos rifas desde o 1 de decembro ata o 11 de xaneiro.

Os negocios terán a disposición dos seus clientes as rifas do sorteo que serán entregadas por cada compra realizada en calquera dos establecementos asociados de Acisa , sen importe mínimo, e a cantidade de rifas a repartir por cada compra establecerase mediante o criterio de cada comerciante. As rifas deberán estar debidamente seladas por cada establecemento de xeito visible na parte dianteira ou traseira da mesma. En total distribuiranse 200.000 rifas entre os asociados.

O día 11 de xaneiro de 2020 celebrarase o sorteo e as persoas que teñan rifas poderán depositalas nunha urna instalada para elo, na entrada da carpa situada no parque San Francisco, dende as 16.00 ata as 20.30 horas. Ademais terán que gardar a parte a conservar para participar no sorteo. Desde a directiva de Acisa explican que “a rifa na súa totalidade é para o cliente. Está composta de dúas partes, unha para el e outra é a que hai que depositar na urna o día do sorteo”.

Os 4.000 euros en premios serán repartidos en tres presenciais e un non presencial. Os presenciais serán de 2.000 euros, 1.000 euros e 500 euros en vales de compra de Acisa Ribadeo. Ningún premio quedará deserto e de non aparecer o gañador procederase a sortear de novo, “polo que os participantes deberán estar fisicamente no lugar”. Ademais haberá un premio non presencial de 500 euros en vales de compra, que se dará a coñecer o mesmo día 11 de xaneiro e sortearase mediante un programa informático que escollerá de forma aleatoria un número dos 200.000 entregados nas rifas.

O gañador do sorteo non presencial terá ata o día 17 de xaneiro para presentarse nas oficinas de Acisa Ribadeo e así cobrar o premio. De non presentarse considerarase deserto. Os gañadores premiados coas rifas agraciadas no sorteo presencial cobrarán o premio o mesmo 11 de xaneiro.

Os vales de compra de Acisa Ribadeo deberán ser gastados no período de dous meses, dende o 11 de xaneiro ata o 11 de marzo de 2020. Os vales só poderán gastarse nos establecementos asociados e terán que ser gastados de forma íntegra.

Colaboran na organización desta campaña xunto a Acisa : Concello de Ribadeo e Xunta de Galicia.

A IX Festa do Comercio foi presentada por Francisco Iriarte, presidente de Acisa ; Jesús Pérez, xerente; e Carmen Cruzado, vogal da xunta directiva.

0.17205286026001