350 ciclistas participaron na terceira edición da Ruta Ciclista A Fortaleza

LugoXa
Foron tres modalidades de participación, dous circuítos de BTT (de 30 e 45 quilómetros) e outro de gravel (de 60 quilómetros), unha modalidade na que foron pioneiros na provincia
castroverde-carreira-e-andaina
16 May 2026

350 ciclistas participaron na terceira edición da Ruta Cicloturista A Fortaleza, que se celebrou este sábado en Castroverde, con tres modalidades de participación, dous circuítos de BTT (de 30 e 45 quilómetros) e outro de gravel (de 60 quilómetros), unha modalidade na que foron pioneiros na provincia.

A deputada Iria Castro seguiu a proba, con saída na Praza do Concello e chegada á torre da Fortaleza, onde os participantes desfrutaron dun avituallamento con embutidos de porco celta da man do programa de promoción de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural degusto da Vicepresidencia da Deputación de Lugo con produtos da gandería Outeiro de Manzadán (O Corgo).

Ademais de achegar á meta esta degustación, a institución provincial apoia a organización da proba cunha achega directa de 5.000 euros. A deputada Iria Castro explicou que “reforzamos o apoio a esta iniciativa, que ademais do seu interese deportivo, dá un gran impulso á difusión do patrimonio de Castroverde e moi especialmente á Torre da Fortaleza”.

0.11655879020691