Alcoa en San Cibrao tomou novas medidas sanitarias

TerraChaXa | LugoXa
O presidente do comité de empresa da factoría de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, José Antonio Zan, trasladou que están a tomar medidas por mor do virus.
20 Mar 2020

O presidente do comité de empresa da factoría de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, José Antonio Zan, trasladou que están a tomar medidas por mor do virus.

"Púxose en marcha desde un novo sistema para control de entrada e saída de contratistas substituíndo o sistema da pegada", puntualizou.

Anuláronse as máquinas de vending e café, dado que se seguen producindo concentracións de xente contorna a estas  máquinas e requiren así mesmo o uso de pegada. Nos vindeiros días, no momento que dispoñan de botellas de auga, eliminaranse as fontes de auga.

"Na planta de alumina estanse parando os traballos que non sexan imprescindibles, e en ambas plantas estudouse implantar quendas para os traballos de mantemento", comunicou.

Planta Alúmina vai implantar o calendario 6-2 a partir do 20 de marzo co fin de ter a unha quenda de descanso 18 días e rotando. En función do avance da situación irase reevaluando a continuidade do mesmo.

A planta de Alúmina dispón dun plan de continxencia enfocado a tomar accións dependendo da etapa de desenvolvemento do COVID-19.

A de aluminio dispón de plans de continxencia en función dos distintos escenarios (ata 6 escenarios con medidas xa definidas en cada un). Contémplase dentro destes escenarios a posibilidade de aplicar un calendario 6-2 posteriormente e en función da ausencia de á dirección "a entrada gradual en quendas, que vaia graduada á hora de entrar porque aínda non está a funcionar".

0.19402503967285