A 4ª Quedada Motorista San Froilán desvela o seu programa

LugoXa
O punto de inicio desta iniciativa coa que pretenden facer comunidade entre os amantes do motociclismo e dar a coñecer a cidade será a praza de Augas Férreas
quedada_motorista_lugo
26 Ago 2024

Outro ano máis, os motores volverán a ruxir polo centro de Lugo. O domingo 29 de setembro convocan a Quedada Motorista San Froilán, unha cita que comezou no ano 2018 e que vai xa pola súa cuarta edición. O punto de inicio desta iniciativa coa que pretenden facer comunidade entre os amantes do motociclismo e dar a coñecer a cidade será a praza de Augas Férreas entre as 10.00 e as 11.00 da mañá, onde lles entregarán un rutómetro.

De seguido, os participantes poderán desfrutar duns pinchos e dunha comida que tamén terá lugar dentro de murallas a base de empanada, polbo, paella de marisco, larpeira, bebidas e café. O xantar estará amenizado por un grupo de música e logo actuará un Dj ata finalizar a xornada. O aforo é limitado e os tíckets, que teñen un prezo de 29 euros con todo incluído, xa están a venda en todos os locais participantes e tamén a través de Bizum indicando nome e DNI ao 680 643 106

A primeira edición desta cita, xa consolidada xa entre os afeccionados deste práctica e que conta con boas previsións nesta nova convocatoria, celebrouse o 30 de setembro do 2018 como homenaxe a todos os moteiros lugueses, desde López Mella, os irmáns Minuto o Iván Torres, e tamén a outros que seguen a levar o nome de Lugo ao máis alto, como Jorge Prado. Comprendeu unha ruta en moto, un percorrido turístico pola Muralla, unha ofrenda floral e un almorzo de confraternidade, con música en directo, na zona da Milagrosa.

quedada_motorista_lugo_3
0.062358856201172