A AC Ousadías leva a improvisación ao Club Clavicémbalo cunha nova sesión de Impro Lugo

LugoXa
A cita celebrarase este xoves 19 ás 22:00 horas nun espectáculo construído coas propostas do público
Club-Clavicémbalo-Lugo
16 Feb 2026

A asociación cultural AC Ousadías volverá subir ao escenario este xoves 19 ás 22:00 horas no seu espazo habitual, o Club Clavicémbalo, para ofrecer unha nova entrega de Impro Lugo, unha proposta escénica na que o público convértese en protagonista e motor das historias.

A función preséntase como unha experiencia aberta, afastada de guións pechados e normas fixas, na que cada escena xorde das ideas máis sorprendentes e espontáneas das persoas asistentes.

O elenco encárgase de poñer a enerxía e as táboas, mentres que as suxestións do público marcan o rumbo dun espectáculo que se constrúe en tempo real, entre o humor, a creatividade e a complicidade colectiva.

Desde AC Ousadías animan a quen queira prolongar o ambiente festivo do Entroido, pero cun plan máis relaxado, a achegarse a esta cita que promete risas compartidas e situacións inesperadas.

⚙ Configurar cookies
0.081333160400391