Cultura
Lugo encherase de actividades de medo, música e tradición para celebrar o Samaín
O Túnel do Medo, os obradoiros infantís, os concertos e as visitas guiadas forman parte dunha axenda que se estenderá desde o 28 de outubro ata o 8 de novembro
A Camerata OSG abre a nova tempada da Sociedad Filarmónica de Lugo
A agrupación, dirixida por Wladimir Rosinskij, actuará o mércores 28 de outubro no Círculo das Artes cun programa de obras de Bach, Sibelius e Beliczay, entre outros compositores
'Cores do mundo', unha exposición de 42 fotografías que encherá de vida a contorna do Cuartel de San Fernando
A mostra poderá visitarse do 30 de outubro ao 11 de decembro e percorrerá paisaxes e culturas de distintos recunchos do planeta
A directora do Museo Arqueolóxico Nacional explicará no COAG Lugo a súa reforma e evolución histórica
Isabel Izquierdo ofrecerá unha conferencia gratuíta o 5 de novembro ás 19:30 horas, na que abordará tamén a formación das coleccións da institución, que en 2027 cumprirá 160 anos
A música de Sofía Ros abre unha semana de cine, ciencia e encontros culturais na USC en Lugo
A Casa do Saber acollerá o concerto este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, dentro dunha programación que inclúe faladoiros, unha proxección cinematográfica e actividades de divulgación científica
Yolanda Díaz e Xulio do Canelo reciben os Premios Mestras e Mestres da Memoria
A AELG recoñeceu no Pazo de San Marcos a traxectoria da sarria e do mindoniense pola súa contribución á cultura galega, á tradición oral e á recuperación da memoria histórica
O Festival de Jazz de Lugo conmemora o centenario de Miles Davis e John Coltrane con dous concertos
O Círculo das Artes acollerá as actuacións de James Carter Organ Trío, o 5 de novembro, e Erik Truffaz e Antonio Lizana, o día 13
'O tranvía Leonardo' estará este sábado na Casa Museo Manuel María para público infantil
Trátase dun espectáculo de narración oral, monicreques e música creada polo dramaturgo, director e actor Inacio Vilariño
Xulio do Canelo e Yolanda Díaz Gallego recibirán os Premios Mestras e Mestres da Memoria 2026 en Lugo
A gala celebrarase este venres 23 de outubro, ás 18:00 horas, na sala de exposicións da Deputación, cun acto de entrada libre que contará con música de Secho
Ousadías regresa ao Club Clavicémbalo con novos xogos de improvisación teatral
O espectáculo terá lugar este xoves 22 de outubro ás 22:00 horas e será a segunda cita do grupo durante este mes
Abe Rábade presenta en Lugo o seu novo disco, "Nova Botánica", o 8 de novembro
O pianista e compositor compostelán estrea o seu décimo sétimo álbum no auditorio Fuxan os Ventos, dentro do Festival de Jazz de Lugo, cunha proposta que mestura música tradicional galega, jazz e música de cámara
Saint Jacques, o xogo de mesa sobre o Camiño Francés, preséntase ao alumnado de Palas de Rei
O IES do Camiño acolleu a presentación desta proposta educativa e de entretemento, que conta con 4.500 preguntas e un taboleiro de 90 casas inspirado no Xogo da Oca
A delegación da Xunta en Lugo recibe ata o 31 de outubro a mostra ‘Arte para levar’
Un camión clásico convertido en galería itinerante presenta a exposición 'TRADI. Mostra de arte no Camiño'
A ARMH convoca en Lugo a primeira Ruta da Memoria do 36 para lembrar a represión franquista
Durante o percorrido visitaranse diferentes espazos nos que se exerceu a represión durante o franquismo, como a sede de Falanxe, o Pazo da Deputación, o cuartel de San Fernando, o cárcere e outros centros de represión e tortura
O BNG proporá o cuartel de San Fernando como espazo museístico dedicado á historia galaico-romana de Galicia
Realiza esta proposta tras o anuncio de Xunta e Concello de trasladar os achados arqueolóxicos á Domus do Mitreo
Eventos
O Club de Lectura Lugo analizará en O Vello Cárcere unha nova obra literaria
O encontro terá lugar o 28 de novembro ás 18.30 horas e estará aberto ás persoas interesadas en participar neste espazo de lectura e diálogo
Son de Corda homenaxea as poetas da montaña lucense cun ciclo de concertos en cinco concellos
O espectáculo "As poetas da montaña" combina música vocal e literatura para divulgar a obra de doce escritoras contemporáneas, cunha programación que chegará a Becerreá, Lugo, A Pobra do Brollón, A Fonsagrada e Navia de Suarna
O polense Xosé López é distinguido co premio Diego Bernal 2027
O profesor emérito da Facultade de Comunicación recibe o recoñecemento da Asociación de Periodistas de Galicia pola súa traxectoria profesional e académica
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A Rede Museística Provincial reivindica o papel das mulleres rurais no seu 20 aniversario
A Sociedade Filharmónica de Lugo ofrecerá 15 concertos no Círculo das Artes na tempada 2026-2027
O ciclo comezará o 28 de outubro coa Camerata OSG e reunirá orquestras sinfónicas, solistas internacionais e agrupacións de cámara no Círculo das Artes ata o 6 de maio
Antas de Ulla reunirá 31 proxectos de toda Galicia na primeira Feira Tecendo Raíces
A cita celebrarase o sábado 17 de outubro na Cúpula da Praza Nova, de 10:00 a 20:00 horas, con entrada gratuíta e actividades sobre sustentabilidade, economía social e revitalización do rural
A Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón prepara tres novas rutas turísticas
As xornadas de ensaio celebraranse os días 19, 20 e 26 de outubro e están abertas gratuitamente a profesionais e entidades vinculadas ao turismo do territorio
A Rede Museística Provincial de Lugo programa actividades inclusivas os días 14 e 15 de outubro
A programación contará coa colaboración de ACADAR e COGAMI e incluirá unha visita guiada na Fortaleza de San Paio de Narla polo Día Internacional das Mulleres Rurais











