A AECC de Lugo celebra o Día da Cuestación con mesas informativas en toda a cidade

LugoXa
O presidente da Deputación de Lugo, que visitou unha das mesas, destacou a importancia da solidariedade cidadá para continuar avanzando na investigación
Mesa-cuestación-AECC-Lugo
8 May 2025

A Asociación Española Contra o Cancro (AECC) en Lugo celebrou o Día da Cuestación cunha ampla mobilización cidadá.

Así, instaláronse decenas de mesas informativas e de recollida de doazóns en distintos puntos da cidade, entre elas na Praza de San Marcos e na explanada da Delegación Territorial da Xunta.

O presidente da Deputación de Lugo, que visitou unha das mesas, destacou a importancia da solidariedade cidadá para continuar avanzando na investigación, na prevención e na atención ás persoas enfermas de cancro.

Tamén puxo en valor o compromiso e esforzo das máis de 150 persoas voluntarias que participaron nesta xornada. A Deputación colabora anualmente coa AECC cunha achega económica de 8.000 euros.

Tamén estiveron presentes o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, quen visitaron o posto situado diante do edificio da Xunta, acompañados polo presidente da AECC en Lugo, José Manuel Rozas. Durante a súa visita, destacaron que esta iniciativa solidaria serve para visibilizar o labor da entidade, que presta atención integral ás persoas afectadas por cancro e ás súas familias.

Os representantes do Goberno galego lembraron ademais que a Xunta mantén unha colaboración constante coa AECC, cun novo convenio recentemente asinado para impulsar e facer seguimento de plans de prevención, detección temperá e apoio ás persoas con cancro.

⚙ Configurar cookies
0.17359304428101