A AGA premia o alumnado do CEIP A Anexa de Lugo polo certame ‘Mochila Abelleira’

LugoXa
Os estudantes recibirán unha viaxe a Piornedo, unha cata de meles e un obradoiro de velas tras o seu traballo divulgativo sobre o mundo das abellas
Asociación-Galega-de-Apicultura-CEIP-Anexa-Lugo
20 May 2026

A Asociación Galega de Apicultura (AGA) recoñeceu o traballo realizado polo alumnado do CEIP A Anexa dentro do certame “Mochila Abelleira”, unha iniciativa educativa e divulgativa centrada no mundo das abellas que incluía a creación dun relato curto e dun mural colectivo.

Esta mañá, persoal da asociación desprazouse ao centro educativo para felicitar aos estudantes e comunicarlles os premios obtidos, que inclúen unha viaxe ás pallozas de Piornedo, unha cata de meles e a participación nun obradoiro de elaboración de velas.

O acto celebrouse ademais coincidindo co Día Mundial das Abellas, que se conmemora cada 20 de maio, unha data que busca concienciar sobre a importancia destes insectos para a biodiversidade e o equilibrio dos ecosistemas.

Ao evento asistiu tamén a deputada de Cultura, Iria Castro, que se achegou ao centro para acompañar ao alumnado e poñer en valor iniciativas educativas como esta, orientadas á divulgación ambiental e ao coñecemento do medio natural.

0.13094806671143