A alcaldesa de Rábade recibe ao atleta rabadense Javo Orejas tras o seu éxito internacional

LugoXa | TerraChaXa
O seu próximo reto será correr a Maratón de Shanghái en 2027
javo-orejas-alcaldesa-de-rabade
2 Jun 2026

A alcaldesa de Rábade, Remedios González, recibiu ao atleta rabadense Javo Orejas, do Club Verxel Nutrición Deportiva, tras completar o pasado 24 de maio a Maratón de Cape Town (Sudáfrica).

A maratón de Cidade do Cabo é unha das grandes citas do calendario internacional e candidata a ingresar nas Abbott World Marathon Majors, o circuíto das sete maratóns máis emblemáticas do mundo.

O deportista de Rábade conquistounas todas: Tokio, Boston, Londres, Berlín, Nova York, Chicago e, por último, Sídney.

O seu próximo reto será correr a Maratón de Shanghái en 2027.

A rexedora deulle os parabéns e as grazas "por seguir levando o nome de Rábade por todo o mundo".

0.11876893043518