A área de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo ofrece tres novos cursos

LugoXa
Trátase de cursos de xoiería creativa, tear de alto lizo e complementos de coiro para o Arde Lucus
encaixe-Centrad-Lugo
7 May 2025

A área de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo ofrece tres novos cursos dentro das actividades formativas de 2025.

Trátase de cursos de xoiería creativa, tear de alto lizo e complementos de coiro para o Arde Lucus, que complementan os que se realizaron no primeiro trimestre do ano e que se ofrecen de forma gratuíta para as persoas participantes.

Xoiería creativa será unha formación de 52 horas na que o alumnado poderá desenvolver a capacidade de investigación e creatividade coa elaboración libre de pezas de xoiaría a partir da combinación de materiais de distinta natureza. O curso desenvolverase do 19 de maio ao 10 de xuño (agás o 22 festividade Santa Rita), de luns a xoves das 16:30 ás 20:30 horas.

O curso de tear de alto lizo, no que se ofrecerá un achegamento ao tecido en alto lizo montando cada alumno o seu tear, coa confección dunha peza. A formación terá unha duración de 72 horas, do 26 de maio ao 25 de xuño (agás o 12 e o 13 de xuño), de luns a xoves das 10:00 ás 14:00 horas.

Finalmente, no curso de complementos de coiro para o Arde Lucus, o alumnado aprenderá sobre o uso de materiais e técnicas básicas para traballar o coiro, orientadas á elaboración de complementos para vestimentas características do Arde Lucus. A formación será de 32 horas, do 28 de maio ao 6 de xuño, de luns a venres das 16:30 ás 20:30 horas.

O prazo de solicitude manterase aberto ata o día 14 de maio ás 20.00 horasa través da Deputación de Lugo. A selección farase por orde de inscrición, tendo prioridade ás persoas que non participarán en actividades formativas do Centrad nos dous últimos anos.

⚙ Configurar cookies
0.17832493782043