A Asociación Antonio Gandoy organiza unha charla sobre alimentación e imaxe corporal na infancia

LugoXa
A sesión online, impartida por Lidia Folgar, celebrarase o 27 de novembro e abordará como previr os conflitos coa comida desde a crianza, sen presións nin culpabilidade
placa-asociacion-socioeducativa-Antonio-Gandoy-Lugo
21 Nov 2026

A Asociación socioeducativa Antonio Gandoy organizará o venres 27 de novembro unha charla online sobre alimentación e imaxe corporal na infancia baixo o título "Medrar en paz coa comida e co corpo". A sesión, impartida por Lidia Folgar, comezará ás 17:00 horas e ofrecerá ferramentas ás familias para acompañar os nenos e nenas na construción dunha relación saudable coa alimentación e co seu propio corpo.

A iniciativa nace da preocupación que xeran nas familias as cuestións relacionadas coa comida e da influencia que teñen determinadas mensaxes na infancia, como obrigar a rematar o prato, presionar para comer máis ou menos ou facer comentarios sobre o peso e o aspecto físico.

Durante a sesión abordaranse estratexias para acompañar os máis pequenos sen presións, culpabilidade nin conflitos na mesa, favorecendo que aprendan a escoitar o seu corpo e desenvolvan unha relación positiva coa comida. A asociación lembra que a percepción do propio corpo e os hábitos alimentarios comezan a construírse desde os primeiros anos de vida e que as familias e as persoas educadoras desempeñan un papel fundamental neste proceso.

A charla terá unha duración aproximada dunha hora e poderá seguirse en directo ou en diferido, para facilitar a participación das persoas que non poidan conectarse no horario previsto.

O prezo é de 15 euros por persoa e as inscricións poden realizarse a través do correo electrónico olaiacao@gmail.com. Para obter máis información, a entidade habilitou o teléfono 679 143 620.

0.16940498352051