A Asociación Barrio dos Muíños de Mondoñedo convoca un concurso de deseño
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
24 Abr 2020
A Asociación Barrio dos Muíños de Mondoñedo convoca un corcurso de deseño do Logotipo para a asociación.
Poderán participar todas as persoas que o desexen e deberán enviar as súas propostas ao email da asociación barriodosmuinhosasociacion@gmail.com.
O logotipo debe conter o deseño en cor e en branco e negro en A4, e o prazo de presentación é ata o 10 de maio.
O gañador será premiado cun trofeo, un bono de 75 euros para usar nos comercios e profesionais dos Muiños e tamén 75 euros en metálico.