A Asociación Cultural Deiqui organiza un obradoiro de coiro dentro do programa provincial “Mans Artesás 2026”

LugoXa
Será o vindeiro 10 de maio e estará impartido polo artesán Víctor Manuel Montero Fernández
obradoiro-de-coiro-ac-deiqui
2 May 2026

A Asociación Cultural Deiqui organiza o vindeiro 10 de maio en Navia de Suarna un obradoiro de coiro incluído no programa “Mans Artesás 2026”, impulsado pola Deputación de Lugo.

A actividade desenvolverase en horario de 10:00 a 14:00 horas e será de carácter gratuíto. As persoas participantes poderán achegarse ao traballo do coiro da man do artesán Víctor Manuel Montero Fernández, quen guiará a sesión e amosará diferentes técnicas vinculadas a este oficio tradicional.

As persoas interesadas poden obter máis información e formalizar a súa inscrición a través do correo electrónico acdeiqui2@gmail.com.

0.11882209777832