A Asociación de Empresarios de Chantada e CCA Ribeira Sacra súmanse aos cortes da N-540

LugoXa | RibeiraSacraXa | OurenseXa
As mobilizacións para pedir o arranxo da estrada que conecta Ourense e Lugo produciranse os días 4 e 11 de abril ás 11.00 horas
fochancas
28 Mar 2025

Os venres 4 e 11 de abril, no punto kilométrico 51, á altura da subestación en Vilela de Merlán, está convocado un corte da estrada ás 11.00 horas para protestar polo mal estado da vía. Os cortes durarán 15 minutos e tentarán chamar a atención sobre as fochancas, falta de sinalización e pouca iluminación da estrada.

Dende a Asociación de Empresarios de Chantada e CCA Ribeira Sacra manifestan o seu apoio
A esta iniciativa e anuncian que participarán nos cortes, xa que, explican, “o estado da Nacional 540 afecta de xeito directo a todo o tecido empresarial e comercial da vila”.

En decembro de 2023 xa se fixera unha mobilización para exixir o arranxo da estrada nacional, ademais de remitir unha carta ao ministro de Transportes, Óscar Puente, pedindo unha solución definitiva.

“O pésimo estado de conservación da Nacional 540 fai que sexa moi perigoso circular por varios tramos, e, malia a mobilización de 2023, neste tempo só se acometeron parches, sen dar unha solución real ao problema”, explican.

Dende a directiva da AECH e do CCA Ribeira Sacra animan a todos os seus asociados e asociadas, así como a toda a veciñanza de Chantada, a sumarse a estas mobilizacións.

⚙ Configurar cookies
0.15122008323669