A Asociación de Pensionistas e Xubilados de Castroverde organiza unha comida e baile
LugoXa
O animado evento contará coa actuación de Carlos, o acordeonista, que poñerá a música para que todos os asistentes gocen dun gran ambiente de lecer e diversión
29 Jan 2025
A Asociación de Pensionistas e Xubilados de Castroverde convoca aos seus socios a unha comida gratuita que se celebrará o próximo domingo, 9 de febreiro, ás 14.00 horas no restaurante Pereira.
Para participar, os socios deberán apuntarse antes do 3 de febreiro, deixando o seu nome e apelidos no propio restaurante Pereira.
Despois da comida, e para seguir a xornada de festexos, a partir das 17.00 horas no local social Paco Pestana, terá lugar un baile aberto ao que se poderá asistir tanto por parte de socios como de non socios.
O prezo de entrada será de 4 euros por persoa. O animado evento contará coa actuación de Carlos, o acordeonista, que poñerá a música para que todos os asistentes gocen dun gran ambiente de lecer e diversión.