Axenda
Guntín homenaxeará a Santa Icía cun concerto de catro formacións musicais
A Banda e Escola Municipal de Música de Guntín organiza a actuación o 27 de novembro na Casa da Cultura, nunha edición especial na que a agrupación local conmemora o seu 25 aniversario
A IV Ruta Cabalar de Orbazai celebrarase o 17 de abril de 2027
O Grupo Cabalar Orbazai confirma a nova data da cita, que incluirá un percorrido a cabalo pola parroquia lucense, actuacións musicais, sorteos e agasallos para as persoas participantes
Antas de Ulla acolle ata o 20 de decembro a exposición fotográfica "Destino. Unha peregrinación", de Manuel Valcárcel
A mostra, organizada en colaboración con ABANCA e Afundación, percorre catro peregrinacións en catro continentes a través de imaxes sobre a vida, a familia, a emigración e as raíces
Monterroso abre as inscricións para a súa carreira San Silvestre, que se celebrará o 27 de decembro
A proba contará con diferentes categorías e distancias adaptadas a todas as idades, desde os 150 metros para os máis pequenos ata os 4,5 quilómetros da carreira absoluta
A Foliada da Fonsagrada celebrará a súa undécima edición do 4 ao 6 de decembro
A cita renderá homenaxe a Manuel Gutiérrez Fernández, 'O Rubio de Xan de Maderne', gaiteiro do quinteto Os de Maderne e mestre de Modesto de Murias
Iván Ferreiro regresa a Lugo con "Trinchera pop" nun concerto acompañado por Querido
O músico actuará o venres 13 de novembro no Pazo de Feiras e Congresos dentro dos Concertos do Xacobeo, cunha banda formada por destacados instrumentistas da escena estatal
O Festival de Jazz de Lugo suma cinco novos concertos á súa programación de novembro
James Carter, Takuya Kuroda, Patricia Brennan, Erik Truffaz e Clarence Bekker actuarán no Círculo das Artes, mentres Paquito D'Rivera e Kenny Barron tocarán no Auditorio Fuxan os Ventos
A Panorama e un espectáculo de drons poñerán o broche final ás festas de Lugo
A última xornada das festas lucenses combinará música, verbenas, tradición e unha exhibición aérea en San Fiz antes do concerto da orquestra Panorama
O Domingo das Mozas reivindica a cultura tradicional galega con traxes, música e danza
A 54ª edición do Desfile do Traxe Galego e a XXVIII Mostra de Música Tradicional Galega serán dous dos grandes eixes dunha xornada dedicada á cultura popular
Baleira reunirá o mel da montaña lucense na súa novena feira os días 24 e 25 de outubro
A cita organizada polo GDR3 incluirá obradoiros, catas, xogos populares, un torneo de billarda, un magosto e o concurso para elixir o Mellor Mel da Montaña Lucense
Malú protagoniza a gran noite do venres 9 de outubro en Lugo
A cantante actuará ás 22.00 horas na praza do Seminario nunha xornada que tamén contará con Las Minas Flamenco Tour, Os Festicultores, Espazo Hip Hop e numerosas propostas culturais
Teatro, artesanía e máis dun século de historia do San Froilán: así será o mércores en Lugo
O mércores 7 de outubro combinará talleres, espectáculos familiares, presentacións culturais, música tradicional e pasarrúas, xunto cunha ampla programación musical repartida por distintos escenarios
Monterroso celebrará o 16 de outubro a Festa da Terceira Idade
As persoas xubiladas empadroadas no municipio poderán participar de balde nesta xornada de encontro e confraternidade, que terá lugar na Cúpula
Eventos
A zanfona viaxará en Lugo ata as tradicións musicais de Irán, Afganistán ou Turquía
O curso, dirixido a intérpretes de calquera nivel, celebrarase o 7 de outubro no CENTRAD dentro do ciclo "Zanfona en feminino"
Nil Moliner dá esta noite o pistoletazo de saída ao programa oficial do San Froilán 2026
As festas comezan este domingo, 4 de outubro, cunha xornada repleta de actividades, o pregón de Sonsoles Ónega e un concerto do artista catalán na praza do Seminario
O XXI Concurso de Tapas de Lugo reunirá 36 locais entre o 6 e o 22 de novembro
O certame, organizado pola APEHL e co patrocinio do Concello, ofrecerá propostas gastronómicas de entre 1 e 4 euros e contará cunha gran final os días 27, 28 e 29 de novembro
O Caudal Fest 2027 confirma que a banda cabeza de cartel será La Oreja de Van Gogh
A banda donostiarra súmase á próxima edición do festival, que se celebrará os días 17 e 18 de setembro no Xardín do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo
Lugo converterase na capital do cross coa novena edición do Cross Ponte Romana
A cita deportiva está incluída no calendario oficial da Real Federación Española de Atletismo e que reunirá atletas de diferentes idades e categorías
Concentus Lucensis abre nova tempada con oito concertos gratuítos e dous recitais en Suíza
A formación inicia este sábado na Catedral de Lugo o seu programa 2026-2027, que combina música sacra, patrimonio e colaboracións con músicos e entidades europeas
O San Froilán 2026 ofrecerá 346 actividades e substituirá os fogos artificiais por un gran espectáculo de drons
O programa completo das festas de Lugo inclúe 17 propostas deportivas e 19 de artesanía e cultura, ademais de concertos, espectáculos, actividades familiares e novas iniciativas repartidas durante toda a celebración










