A asociación de veciños de Benade entrega os premios do seu campionato de tute

LugoXa
Esta fin de semana a parroquia de Santo Estevo de Benade acolleu a final do campionato de tute 23/24.
asociacion_vecinos_benade_tute
asociacion_vecinos_benade_tute
4 Mar 2024

Esta fin de semana a parroquia de Santo Estevo de Benade acolleu a final do campionato de tute 23/24. Deuse así por finalizados os Venres de Tute, organizados pola asociación veciñal. Finalmente Pepe, Pepito, María José e Fina resultaron ser os campións e subcampioas das xornadas e recibiron uns trofeos doados pola Área de Cultura e Turismo de Lugo. Os concelleiros Maite Ferreiro e Alexandre Penas asistiron á iniciativa, que poñerá en marcha unha nova edición no mes de novembro.

0.19128394126892