A Asociación de Veciños de Laxosa Airamonte, do Corgo, organiza a segunda edición da súa comida veciñal

A Asociación de Veciños de Laxosa Airamonte, do Corgo, organiza a segunda edición da súa comida veciñal, unha cita que busca reforzar os lazos entre a veciñanza e ofrecer unha xornada de convivencia chea de actividades.
O evento terá lugar o vindeiro 16 de maio, a partir das 13:00 horas, coa actuación musical da banda EGS “El Gran Showman”, que será a encargada de poñer ritmo á xornada desde o inicio.
A comida dará comezo ás 14:30 horas e contará cun menú variado composto por lacón, empanadas, paella de costela e sobremesa, ademais de bebida, café e chupito incluídos.
A organización tamén habilitará servizo de bar durante todo o día, con sesión vermú e tardeo, así como a actuación de Manuel Santín, que contribuirá a animar o ambiente festivo.
En canto aos prezos, as persoas socias poderán asistir por 20 euros, mentres que para as non socias o custo será de 35 euros. Os nenos e nenas de entre 7 e 14 anos pagarán 10 euros, e os menores de 7 anos terán entrada gratuíta.
A data límite para anotarse e realizar o pagamento será o 9 de maio de 2026. Este poderá facerse mediante transferencia bancaria ou en efectivo. O aforo está limitado a 200 persoas.
Para máis información ou inscricións, a organización facilita os teléfonos 642 771 227 e 699 789 995.
A iniciativa conta coa colaboración da Deputación de Lugo e do Concello do Corgo.