A asociación de Veciños San Lázaro organiza un curso de costura para facer traxes para o Arde Lucus

LugoXa
A asociación de Veciños San Lázaro presenta o seu programa de actividades para o vindeiro mes de abril.
4 Mar 2024

A asociación de Veciños San Lázaro presenta o seu programa de actividades para o vindeiro mes de abril. Ademais de organizar unha excursión a Portugal, o colectivo pon en marcha un curso de informática, que se celebrará os sábados de 11.00 a 13.00 horas a partir do día 13; un obradoiro de manexo de móbiles, tamén de 11.00 a 12.00 e outro de ordenadores de 12.00 a 13.00.

Tamén poñen en marcha un curso de costura básica para aprender a facer traxes para o Arde Lucus, que será de 16.30 a 17.00. Os interesados poden realizar as súas inscricións ata o 22 de marzos a través do número da asociación, no 614 310 589. O prezo non é fixo, xa que variará en función do número de persoas que participen.

0.12876892089844