A asociación de Veciños San Lázaro programa unha excursión Vilanova dos Infantes, Celanova e Ourense

LugoXa
A asociación de Veciños San Lázaro está a organizar para o día 11 de maio unha excursión a Vilanova dos Infantes, Celanova e Ourense.
vecinos_san_lazaro
vecinos_san_lazaro
23 Abr 2024

A asociación de Veciños San Lázaro está a organizar para o día 11 de maio unha excursión a Vilanova dos Infantes, Celanova e Ourense. As prazas son limitadas e o prazo para anotarse mantense aberto ata o vindeiro 30 de abril.

A actividade ten un prezo de 42 euros para socios, o que inclúe a viaxe en autobús, máis a comida e o seguro de viaxe, e de 45 para os que non o son. Os interesados xa poden facer as súas reservas a través do 614 310 589 por orde de chamada. Máis adiante comunicarase a hora de saída e cando hai que pagar.

0.19097805023193